domingo, 22 de mayo de 2022

Entrega de Premios VII Certame Literario Centro Galicia en Ponferrada Camiño da Cultura 2022

 Este domingo día 22 de maio falláronse nun acto realizado na Sede do Centro Galicia en Ponferrada os premios do VII Certame Literario que convocamos dende a nosa Asociación. Un certame que premia hasta en tres categorías hasta tres traballos en galego con especial atención ao galego usado tradicionalmente no Bierzo.

Nesta ocasión foron nove finalistas e os premios foron concedidos a: Marta López na categoría por un destacado traballo en verso e na categoría infantil Matías Ferreira obtivo o segundo premio e Sara Rodríguez o primeiro.

Nun aco to que participou o Coro do Centro, tamén tivemos un recorodo para o recente homenaxeado o Día das Letras Galegas, o valdeorrés Florencio Delgado, un poeta de moi perto nacido na localidade de Córgomo.

Este Certame conta coa colaboración da Xunta de Galica a través da Secretaría Xeral de emigración e do Instituto Leonés de Cultura que nos últimos anos está apoiando as linguas tradicionais faladas na provincia.

Este concurso que este ano superou o centenar de participantes, intenta potenciar o uso e a normalización da lingua galega da Comarca do Bierzo e é o primeiro dos actos relacionados coa segunda edición do programa cultural Camiño da Cultura que este ano celebraremos de novo aproveintando a delcaración do 2022 como ano Xacobeo.

Os deixamos con unhas imaxes do acto.






No hay comentarios:

Publicar un comentario