Mostrando entradas con la etiqueta CERTAME LITERARIO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta CERTAME LITERARIO. Mostrar todas las entradas

domingo, 23 de abril de 2023

Convócase o VIII Certame Literario Centro Galicia en Ponferrada

O Centro Galicia en Ponferrada convoca unha nova edición do seu xa habitual Certame Literario. Na nosa labura de difusión do galego no Bierzo e atendendo as realidades lingüisticas que tradicionalmente existen no Bierzo, nesta ocasión a temática será libre e establecense coma na edición anterior tres categorías e dous premios especiais. 

En eles convócase a toda a población da comarca do Bierzo e a todos aqueles que aun no residindo na actualidade podan demostrar un vínculo coa mesma. Nesta páxina podes descargar tanto as bases como a ficha de inscripción. A data de remate para a recepción de traballos é o 15 de Xuño de 2023 e os finalistas recibirán os premios e galardóns nun acto que organizaremos para a cuarta semana do mesmo mes.


De novo teremos tres categorías:

-Infantil para nenos e nenas hasta os doce anos.

-Xuvenil para rapaces e rapazas de trece a dezaoito anos.

-Adulta para maiores de dezaoito anos.

E establécese un premio especial para o mellor traballo presentado por un socio ou socia e tamén un premio especial para o traballo que mellor represente a variante dialectal falada de antigo no Bierzo. 


Non queremos que os perdades esta festa da lingua e agradecemos moito a vosa participación e difusión.


Toca nos enlaces para descargar:


Cartel en pdf 


Bases do Certame en pdf


Ficha de Inscrpción en pdf





domingo, 22 de mayo de 2022

Entrega de Premios VII Certame Literario Centro Galicia en Ponferrada Camiño da Cultura 2022

 Este domingo día 22 de maio falláronse nun acto realizado na Sede do Centro Galicia en Ponferrada os premios do VII Certame Literario que convocamos dende a nosa Asociación. Un certame que premia hasta en tres categorías hasta tres traballos en galego con especial atención ao galego usado tradicionalmente no Bierzo.

Nesta ocasión foron nove finalistas e os premios foron concedidos a: Marta López na categoría por un destacado traballo en verso e na categoría infantil Matías Ferreira obtivo o segundo premio e Sara Rodríguez o primeiro.

Nun aco to que participou o Coro do Centro, tamén tivemos un recorodo para o recente homenaxeado o Día das Letras Galegas, o valdeorrés Florencio Delgado, un poeta de moi perto nacido na localidade de Córgomo.

Este Certame conta coa colaboración da Xunta de Galica a través da Secretaría Xeral de emigración e do Instituto Leonés de Cultura que nos últimos anos está apoiando as linguas tradicionais faladas na provincia.

Este concurso que este ano superou o centenar de participantes, intenta potenciar o uso e a normalización da lingua galega da Comarca do Bierzo e é o primeiro dos actos relacionados coa segunda edición do programa cultural Camiño da Cultura que este ano celebraremos de novo aproveintando a delcaración do 2022 como ano Xacobeo.

Os deixamos con unhas imaxes do acto.






miércoles, 23 de marzo de 2022

VII Certame Literario Centro Galicia en Ponferrada

Un ano mais o Centro Galicia en Ponferrada convoca unha nova edición do noso Certame Literario. Queremos invitar a todos os bercianos e bercianas a participar nesta edición que volve a repetir con tres categorias (Infaitl, Xuvenil e Adulta) e con númerosos agasallos.

Este ano temos algunha novidade polo que deixamos as bases para que aclaredes tódalas dubidas. Tamén podedes facernos calquera consulta a través do correo certamegalegocgp@gmail.com 

Podes leelas a continuación ou descargalas aquí coa ficha de inscripcción



VII CERTAME LITERARIO

CENTRO GALICIA EN PONFERRADA

Camiño da Cultura 2022

O Centro Galicia en Ponferrada promove unha nova edición do seu Certame literario cumprindo cos seus fins estatutarios de estreitar lazos entre Galicia e o Bierzo, así como a difusión da cultura galega en tódalas súas manifestacións. Este concurso colle folgos nesta edición e abre un novo camiño para a difusión do Galego no Bierzo.

 

BASES:

1.- Poden concorrer a este certame tódalas persoas que o desexen e residan na comarca do Bierzo, persoas naturais da comarca que residan fóra, ou persoas que teñan unha especial vinculación coa comarca que poidan acreditar.

2.- Os traballos presentaranse en lingua galega, e serán orixinais e inéditos. Que non fosen premiados noutros concursos en data anterior á deliberación do Xurado. Valorarase positivamente o uso do galego dialectal propio da comarca do Bierzo (Galego Oriental).

3.- A forma e estilo da obra será totalmente libre, tendo a temática das obras presentadas en maior ou menor medida terá ligazón con algún aspecto do Camiño de Santiago.

4.- A extensión dos textos orixinais das categorías adulta e xuvenil será dun máximo de tres follas (2.100 palabras aproximadamente) e un mínimo dunha cara (mínimo de 600 palabras), en tamaño DIN A-4. Tódalas páxinas deberán estar numeradas a excepción da portada.

5.- Para a categoría infantil proponse un traballo plástico a modo de diccionario de imaxes. Debuxos nos que se indique as palabras que representan as figuras representadas. Os traballos presentaranse tamén en formato DIN A-4.

6.- Para poder participar no Certame será necesario acompañar á obra presentada a ficha de inscrición que se adxunta nas bases cuberta correctamente nunha das formas indicadas no seguinte punto.

7.- As obras presentaranse preferiblemente en formato dixital (arquivo “.pdf”, “.doc” ou similar) no enderezo electrónico: certamegalegocgponferrada@gmail.com figurando no asunto do correo “Certame Literario Centro Galicia en Ponferrada”. Poderanse presentar tamén en papel enviando a obra por duplicado: 1-Ben por correo postal ao enderezo: Centro Galicia Ponferrada Avda. Reyes Católicos 5-7 24402 Ponferrada; ou ben 2-Entregandoa en persoa nas oficinas da Sede Social da Asociación no horario de apertura habitual. A data límite de recepción de orixinais será o 17 de Maio.

8.- O xurado formado por un mínimo de tres persoas e cuxa composición se dará a coñecer ao emitirse o veredicto, terá como cometidos: escoller as obras finalistas, seleccionar as obras galardoadas podendo declarar deserto algún premio se así o considera, e a de interpretar as presentes bases. A decisión do xurado será inapelable.

9.- O Centro Galicia en Ponferrada comunicará os finalistas do Certame nun prazo máximo de tres días dende o límite de recepción de orixinais poñéndose en contacto cos mesmos. Tamén convocará aos finalistas ao acto de entrega de premios que será presencial na Sede do Centro salvo causa de forza maior e que está previsto para o 22 de maio.

10.- As categorías e premios do VI Certame Literario Centro Galicia en Ponferrada serán a seguintes:

·         Categoría Infantil: Ata os doce anos, dirixida especialmente ao alumnado de Primaria que cursa estudos de Galego na Comarca do Bierzo.

1º Premio dotado cun vale de 100€ para material escolar.

2º Premio dotado cun vale de 50€ para material escolar.

·         Categoría Xuvenil: Dende os 13 anos e ata 18 os anos inclusive, dirixida especialmente ao alumnado de Secundaria e Bacharelato na comarca do Bierzo.

1º Premio dotado cun vale de 100€ para material escolar.

2º Premio dotado cun vale de 50€ para material escolar.

·         Categoría Adulta: A partir dos 18 anos.

1º Premio dotado con 150 € en metálico.

Tanto os primeiros como os segundos premios de tódalas categorías gozarán durante un ano e de forma gratuíta da condición de Socio do Centro Galicia en Ponferrada.

Ademais dos premios de cada categoría, establécense dous premios especias:

·         Premio especial Galego do Bierzo

         Que se outorgará á obra que o xurado crea que representa de mellor xeito a variante dialectal da Lingua Galega que se usa tradicionalmente no Bierzo. O premio estará dotado con 50€ en metálico.

·         Premio especial Centro Galicia en Ponferrada

         Que se outorgará ao participante que tendo a condición de Socio do Centro Galicia en Ponferrada, o xurado valore como máis destacado. O premio estará dotado con 50€ en metálico.

Seleccionaranse catro finalistas de cada categoría (salvo que o xurado opte por deixar deserta algunha praza), que recibirán un obsequio e un diploma acreditativo. Na entrega de premios seleccionaranse os premiados entre os finalistas.

11. Tódolos traballos entregados en formato escrito poderán ser retirados polos seus autores ou persoas autorizadas nun prazo de 20 días a partir da data de entrega dos premios.

12.- O Centro Galicia en Ponferrada dispoñerá do dereito a publicar as obras premiadas na forma e xeito que crea oportuno. Por outra parte, aquelas obras que pola súa calidade ou interese sexan recomendadas polo xurado, poderán ser publicadas previo consentimento dos seus autores.

13.- A presentación de obras a este concurso supón por parte dos autores ou representantes legais a aceptación das presentes bases. O seu incumprimento supoñerá a expulsión do Certame.

14.- O Centro Galicia en Ponferrada reservase o dereito a cancelar, modificar ou suspender calquera convocatoria deste Certame de non poder levarse a cabo por calquera motivo que afecte ao seu normal desenvolvemento.

15.- De acordo coa nosa política de protección de datos, o Centro Galicia en Ponferrada integrará os datos de carácter persoal facilitados nos ficheiros da súa responsabilidade. O afectado terá dereito de acceso, e no seu caso de oposición, rectificación e cancelación nos termos previsto na “Ley Orgánica 3/2018 de Protección de Datos Personales y garantía de los derechos digitales” dirixíndose ao Centro nos límites previstos na lexislación vixente. Salvo indicación expresa, o participante autoriza ao uso e conservación de ditos datos por parte do Centro Galicia para usos promocionais, de publicación e difusión do presente certame.

16.- Calquera dúbida ou consulta será atendida a través do correo:          certamegalegocgponferrada@gmail.com, nas oficinas da entidade ou polo Responsable Cultural do Centro contactando co teléfono 657 903 450.

Ponferrada a 11 de Marzo de 2022

 

A Xunta de Goberno do Centro Galicia en Ponferrada



domingo, 4 de julio de 2021

Entrega de premios do IV Certame Literario en Galego Centro Galicia en Ponferrada - Camiño da Cultura

Este domingo día 4 de Xullo de 2021 tras a selección e despois de convocar aos finalistas, e reunirse o xurado desta nova edición do noso Certame Literario entregamos fallaronse os premios na nosa Sede Social.

Foi un acto moi pequeno no que asistiu unha representación da Directiva do Centro, os demais membros do xurado entre os que estaban Marta González Louzao (Profesora da Escola Oficial de Idiomas de Ponferrada) e Diego Bello Fernández (Responsable Cultural do Centro Galicia en Ponferrada), e os finalistas e os seus acompañantes. Como o resto de actividades nos últimos meses a situación sanitaria marcou esta pequena entrega de actos como o desenrolo do propio concurso. 

Todos os finalistas (tivemos a sorte de contar con representación en todas as categorías), contaron con un diploma acreditativo e uns libros de temática comarcal doados por o Instituto Leonés de Cultura de la Diputación de León que apoiou este ano o noso Certame mostrando a sua sensibilidade coas lenguas habladas na provincia de León entre as que se encontra o galego e o leonés. 

A decisión do xurado respecto aos premios foi unanime e concedeu os seguintes premios:

  • Mención Especial da Categoría Infantil (ata os doce anos) ao Colexio Valentín García Yebra polo traballo dedicado ao autor Fernández Morales.
  • Primer premio da Categoría Xuvenil (dende os trece ata os dezaoito anos) a Paula García Pérez polo traballo "O Camiño de Santiago".
  • Mención especial da Categoría adulta (a partir de 18 anos) a Javier Lago Mestre polo traballo "Corredoira compartillada".
  • Mención especial da Categoría adulta (a partir de 18 anos) a Mª Olga Aira Ferreiro polo traballo "A filla de Castropete".
  • Premio especial Galego do Bierzo a Dennis Álvarez Guerrero polo seu traballo "Etnobotánica e un peregrino tralo seu paso pola ribeira do Cúa" polo seu uso de vocabulario e xiros dialectais propios do galego falado de xeito tradicional na comarca do Bierzo.
  • Primer premio Categoría Adulta (a partir de 18 anos) a Alicia Iglesias Puente polo seu traballo "Os Camiños de Amanda" polo seu destacado nivel literario no que combina actualidade, o viaxe espiritual do Camiño de Santiago ca viaxe persoal da protagonista.
O vindeiro ano preparamos novidades para unha nova edición do certame e convidamos a todos a seguir as actividades do Centro.



domingo, 16 de mayo de 2021

VI Certame Literario Centro Galicia en Ponferrada "Camiño da Cultura"

Retomamos a actividade do noso blog para dar coñecemento das novedades e do traballo que desenvolve a Asociación este ano 2021. E unha das primeiras activiaddes que damos a coñecer e a convocatoria do IV Certame Literario Centro Galicia en Ponferrada "Camiño da Cultura". Un certame que este ano colle folgos buscando unha maior difusión. 

E que mellor data para convocalo que este 17 de Maio día das Letras Galegas, este ano dedicado a poeta Xela Arias. Unha figura que este ano protagoniza este día e que ten unha amplia labor non só na Poesía, senon tamén na traducción entre outras facetas. 

A continuación deixamos as bases do Certame e convidamos a todos e todas a participar e seguir a nosa actividade que este ano queremos que sea moi especial. 


VI CERTAME LITERARIO

CENTRO GALICIA EN PONFERRADA

Camiño da Cultura

O Centro Galicia en Ponferrada promove unha nova edición do seu Certame literario cumprindo cos seus fins estatutarios de estreitar lazos entre Galicia e o Bierzo, así como a difusión da cultura galega en tódalas súas manifestacións. Este concurso colle folgos nesta edición e abre un novo camiño para a difusión do Galego no Bierzo.

 

BASES:

1.- Poden concorrer a este certame tódalas persoas que o desexen e residan na comarca do Bierzo, persoas naturais da comarca que residan fóra, ou persoas que teñan unha especial vinculación coa comarca que poidan acreditar.

2.- Os traballos presentaranse en lingua galega, e serán orixinais e inéditos. Que non fosen premiados noutros concursos en data anterior á deliberación do Xurado. Valorarase positivamente o uso do galego dialectal propio da comarca do Bierzo (Galego Oriental).

3.- A forma e estilo da obra será totalmente libre, tendo a temática das obras presentadas nalgún aspecto ligazón co Camiño de Santiago.

4.- A extensión dos orixinais será dun máximo de tres follas (2.100 palabras aproximadamente) e un mínimo dunha cara (mínimo de 600 palabras), en tamaño DIN A-4. Tódalas páxinas deberán estar numeradas a excepción da portada.

5.- Para poder participar no Certame será necesario acompañar á obra presentada a ficha de inscrición que se adxunta nas bases cuberta correctamente nunha das formas indicadas no seguinte punto.

6.- As obras presentaranse preferiblemente en formato dixital (arquivo “.pdf” ou “.doc”) no enderezo electrónico: certamegalegocgponferrada@gmail.com figurando no asunto do correo “Certame Literario Centro Galicia en Ponferrada”. Poderanse presentar tamén en papel enviando a obra por duplicado: 1-Ben por correo postal ao enderezo: Centro Galicia Ponferrada Avda. Reyes Católicos 5-7 24402 Ponferrada; ou ben 2-Entregandoa en persoa nas oficinas da Sede Social da Asociación no horario de apertura habitual. A data límite de recepción de orixinais será o 30 de xuño.

7.- O xurado formado por un mínimo de tres persoas e cuxa composición se dará a coñecer ao emitirse o veredicto, terá como cometidos: escoller as obras finalistas, seleccionar as obras galardoadas podendo declarar deserto algún premio se así o considera, e a de interpretar as presentes bases. A decisión do xurado será inapelable.

8.- O Centro Galicia en Ponferrada comunicará os finalistas do Certame nun prazo máximo de dez días dende o límite de recepción de orixinais poñéndose en contacto cos mesmos. Tamén convocará aos finalistas ao acto de entrega de premios que será presencial (se as condicións sanitarias o permiten) na cidade de Ponferrada no mes de xullo.

9.- As categorías e premios do VI Certame Literario Centro Galicia en Ponferrada serán a seguintes:

·         Categoría Infantil: Ata os doce anos, dirixida especialmente ao alumnado de Primaria que cursa estudos de Galego na Comarca do Bierzo.

1º Premio dotado cun vale de 100€ para material escolar.

2º Premio dotado cun vale de 50€ para material escolar.

·         Categoría Xuvenil: Dende os 13 anos e ata 18 os anos inclusive, dirixida especialmente ao alumnado de Secundaria e Bacharelato na comarca do Bierzo.

1º Premio dotado cun vale de 100€ para material escolar.

2º Premio dotado cun vale de 50€ para material escolar.

·         Categoría Adulta: A partir dos 18 anos.

1º Premio dotado con 150 € en metálico.

Tanto os primeiros como os segundos premios de tódalas categorías gozarán durante un ano e de forma gratuíta da condición de Socio do Centro Galicia en Ponferrada.

Ademais dos premios de cada categoría, establécense dous premios especias:

·         Premio especial Galego do Bierzo

         Que se outorgará á obra que o xurado crea que representa de mellor xeito a variante dialectal da Lingua Galega que se usa tradicionalmente no Bierzo. O premio estará dotado con 50€ en metálico.

·         Premio especial Centro Galicia en Ponferrada

         Que se outorgará ao participante que tendo a condición de Socio do Centro Galicia en Ponferrada, o xurado valore como máis destacado. O premio estará dotado con 50€ en metálico.

Seleccionaranse catro finalistas de cada categoría (salvo que o xurado opte por deixar deserta algunha praza), que recibirán un obsequio e un diploma acreditativo. Na entrega de premios seleccionaranse os premiados entre os finalistas.

10. Tódolos traballos entregados en formato escrito poderán ser retirados polos seus autores ou persoas autorizadas nun prazo de 20 días a partir da data de entrega dos premios.

11.- O Centro Galicia en Ponferrada dispoñerá do dereito a publicar as obras premiadas na forma e xeito que crea oportuno. Por outra parte, aquelas obras que pola súa calidade ou interese sexan recomendadas polo xurado, poderán ser publicadas previo consentimento dos seus autores.

12.- A presentación de obras a este concurso supón por parte dos autores ou representantes legais a aceptación das presentes bases. O seu incumprimento supoñerá a expulsión do Certame.

13.- O Centro Galicia en Ponferrada reservase o dereito a cancelar, modificar ou suspender calquera convocatoria deste Certame de non poder levarse a cabo por calquera motivo que afecte ao seu normal desenvolvemento.

14.- De acordo coa nosa política de protección de datos, o Centro Galicia en Ponferrada integrará os datos de carácter persoal facilitados nos ficheiros da súa responsabilidade. O afectado terá dereito de acceso, e no seu caso de oposición, rectificación e cancelación nos termos previsto na “Ley Orgánica 3/2018 de Protección de Datos Personales y garantía de los derechos digitales” dirixíndose ao Centro nos límites previstos na lexislación vixente. Salvo indicación expresa, o participante autoriza ao uso e conservación de ditos datos por parte do Centro Galicia para usos promocionais, de publicación e difusión do presente certame.

 

Ponferrada a 10 de Maio de 2021

 

A Xunta de Goberno do Centro Galicia en Ponferrada


Podes descargar aquí as bases en pdf do certamen e a ficha de inscripción

Bases en pdf: https://drive.google.com/file/d/1-feZX7Hhb6xzgmBP_haa5BzCDQeMBDGf/view?usp=sharing

Ficha de Inscripcción: https://drive.google.com/file/d/1XNNT41bQid8kApHVlJUyUTBjOpmeR3rH/view?usp=sharing

Cartel en pdf: https://drive.google.com/file/d/1aQr8ONq9F3qmAvHOhMYquzqfvAp7_4Fa/view?usp=sharing