jueves, 9 de abril de 2015

I CERTAME DE REDACCIÓN EN GALEGO

I CERTAME DE REDACCIÓN EN GALEGO


Invitámoste a participar no I Certame de Redacción en galego que o Centro Galicia en Ponferrada promove este ano con motivo da celebración do día de "As letras galegas"

BASES:

1.- Poden concorrer a este certame todos os escolares de primaria e de secundaria que optaron polo ensino da lingua galega nos centros escolares do Bierzo.

2.- Os traballos presentaranse en lingua galega, e han de ser orixinais e inéditos. O tema e forma serán libres.

3.- A extensión dos orixinais será dun máximo de tres follas e un mínimo dunha cara en tamaño DIN A-4. Todas as páxinas deberán estar numeradas, a excepción da portada. As obras presentaranse por duplicado, con portada e grampadas na esquina superior esquerda. Soamente se pode presentar un traballo por autor. No traballo figurará o nome e apelidos do autor ou autora, a idade, o curso actual e o nome do centro onde está matriculado.

4.- Os traballos poderán enviarse por correo postal a: "Centro Galicia en Ponferrada", Avda. Reis Católicos, 5-7. Ponferrada, ou entregar directamente nas oficinas da asociación (martes e xoves de 19 a 20 horas). A data límite de recepción de orixinais será o 9 de maio de 2015.

5.- O xurado, cuxa composición se dará a coñecer ao emitirse o fallo, terá ademais das facultades normais de outorgar ou declarar deserto o premio, e emitir o fallo, as de interpretar as presentes bases. A decisión do xurado será inapelable.

6. O prazo máximo de resolución do procedemento será o 15 de maio de 2015. O fallo darase a coñecer a través dos distintos medios de comunicación.

7.- A contía dos premios do I Concurso Redacción en galego será a seguinte:
1º Premio: 150 € en material escolar
2º Premio: 100 € en material escolar
3º Premio: 50 € en material escolar

8. Os premios entregaranse no acto conmemorativo dedicado ás letras galegas a celebrar na sede da Asociación do Centro Galicia en Ponferrada o día 17 de maio de 2015. É requisito indispensable recoller persoalmente o premio.

9. Os traballos non premiados poderán ser retirados polos seus autores ou persoas autorizadas dispoñendo de 20 días a partir da data de entrega dos premios. Os orixinais non retirados serán destruídos transcorrido o devandito prazo.

10.- O Centro Galicia en Ponferrada dispoñerá das obras premiadas para a súa publicación na forma e xeito que crea oportuno, por outra parte, aquelas obras que pola súa calidade ou interese poidan ser recomendadas polo xurado publicaríanse logo de permiso dos seus autores.

11.- A presentación de obras a este concurso supón por parte dos autores a aceptación das presentes bases.



PONFERRADA A 7 DE ABRIL DE 2015