domingo, 16 de mayo de 2021

VI Certame Literario Centro Galicia en Ponferrada "Camiño da Cultura"

Retomamos a actividade do noso blog para dar coñecemento das novedades e do traballo que desenvolve a Asociación este ano 2021. E unha das primeiras activiaddes que damos a coñecer e a convocatoria do IV Certame Literario Centro Galicia en Ponferrada "Camiño da Cultura". Un certame que este ano colle folgos buscando unha maior difusión. 

E que mellor data para convocalo que este 17 de Maio día das Letras Galegas, este ano dedicado a poeta Xela Arias. Unha figura que este ano protagoniza este día e que ten unha amplia labor non só na Poesía, senon tamén na traducción entre outras facetas. 

A continuación deixamos as bases do Certame e convidamos a todos e todas a participar e seguir a nosa actividade que este ano queremos que sea moi especial. 


VI CERTAME LITERARIO

CENTRO GALICIA EN PONFERRADA

Camiño da Cultura

O Centro Galicia en Ponferrada promove unha nova edición do seu Certame literario cumprindo cos seus fins estatutarios de estreitar lazos entre Galicia e o Bierzo, así como a difusión da cultura galega en tódalas súas manifestacións. Este concurso colle folgos nesta edición e abre un novo camiño para a difusión do Galego no Bierzo.

 

BASES:

1.- Poden concorrer a este certame tódalas persoas que o desexen e residan na comarca do Bierzo, persoas naturais da comarca que residan fóra, ou persoas que teñan unha especial vinculación coa comarca que poidan acreditar.

2.- Os traballos presentaranse en lingua galega, e serán orixinais e inéditos. Que non fosen premiados noutros concursos en data anterior á deliberación do Xurado. Valorarase positivamente o uso do galego dialectal propio da comarca do Bierzo (Galego Oriental).

3.- A forma e estilo da obra será totalmente libre, tendo a temática das obras presentadas nalgún aspecto ligazón co Camiño de Santiago.

4.- A extensión dos orixinais será dun máximo de tres follas (2.100 palabras aproximadamente) e un mínimo dunha cara (mínimo de 600 palabras), en tamaño DIN A-4. Tódalas páxinas deberán estar numeradas a excepción da portada.

5.- Para poder participar no Certame será necesario acompañar á obra presentada a ficha de inscrición que se adxunta nas bases cuberta correctamente nunha das formas indicadas no seguinte punto.

6.- As obras presentaranse preferiblemente en formato dixital (arquivo “.pdf” ou “.doc”) no enderezo electrónico: certamegalegocgponferrada@gmail.com figurando no asunto do correo “Certame Literario Centro Galicia en Ponferrada”. Poderanse presentar tamén en papel enviando a obra por duplicado: 1-Ben por correo postal ao enderezo: Centro Galicia Ponferrada Avda. Reyes Católicos 5-7 24402 Ponferrada; ou ben 2-Entregandoa en persoa nas oficinas da Sede Social da Asociación no horario de apertura habitual. A data límite de recepción de orixinais será o 30 de xuño.

7.- O xurado formado por un mínimo de tres persoas e cuxa composición se dará a coñecer ao emitirse o veredicto, terá como cometidos: escoller as obras finalistas, seleccionar as obras galardoadas podendo declarar deserto algún premio se así o considera, e a de interpretar as presentes bases. A decisión do xurado será inapelable.

8.- O Centro Galicia en Ponferrada comunicará os finalistas do Certame nun prazo máximo de dez días dende o límite de recepción de orixinais poñéndose en contacto cos mesmos. Tamén convocará aos finalistas ao acto de entrega de premios que será presencial (se as condicións sanitarias o permiten) na cidade de Ponferrada no mes de xullo.

9.- As categorías e premios do VI Certame Literario Centro Galicia en Ponferrada serán a seguintes:

·         Categoría Infantil: Ata os doce anos, dirixida especialmente ao alumnado de Primaria que cursa estudos de Galego na Comarca do Bierzo.

1º Premio dotado cun vale de 100€ para material escolar.

2º Premio dotado cun vale de 50€ para material escolar.

·         Categoría Xuvenil: Dende os 13 anos e ata 18 os anos inclusive, dirixida especialmente ao alumnado de Secundaria e Bacharelato na comarca do Bierzo.

1º Premio dotado cun vale de 100€ para material escolar.

2º Premio dotado cun vale de 50€ para material escolar.

·         Categoría Adulta: A partir dos 18 anos.

1º Premio dotado con 150 € en metálico.

Tanto os primeiros como os segundos premios de tódalas categorías gozarán durante un ano e de forma gratuíta da condición de Socio do Centro Galicia en Ponferrada.

Ademais dos premios de cada categoría, establécense dous premios especias:

·         Premio especial Galego do Bierzo

         Que se outorgará á obra que o xurado crea que representa de mellor xeito a variante dialectal da Lingua Galega que se usa tradicionalmente no Bierzo. O premio estará dotado con 50€ en metálico.

·         Premio especial Centro Galicia en Ponferrada

         Que se outorgará ao participante que tendo a condición de Socio do Centro Galicia en Ponferrada, o xurado valore como máis destacado. O premio estará dotado con 50€ en metálico.

Seleccionaranse catro finalistas de cada categoría (salvo que o xurado opte por deixar deserta algunha praza), que recibirán un obsequio e un diploma acreditativo. Na entrega de premios seleccionaranse os premiados entre os finalistas.

10. Tódolos traballos entregados en formato escrito poderán ser retirados polos seus autores ou persoas autorizadas nun prazo de 20 días a partir da data de entrega dos premios.

11.- O Centro Galicia en Ponferrada dispoñerá do dereito a publicar as obras premiadas na forma e xeito que crea oportuno. Por outra parte, aquelas obras que pola súa calidade ou interese sexan recomendadas polo xurado, poderán ser publicadas previo consentimento dos seus autores.

12.- A presentación de obras a este concurso supón por parte dos autores ou representantes legais a aceptación das presentes bases. O seu incumprimento supoñerá a expulsión do Certame.

13.- O Centro Galicia en Ponferrada reservase o dereito a cancelar, modificar ou suspender calquera convocatoria deste Certame de non poder levarse a cabo por calquera motivo que afecte ao seu normal desenvolvemento.

14.- De acordo coa nosa política de protección de datos, o Centro Galicia en Ponferrada integrará os datos de carácter persoal facilitados nos ficheiros da súa responsabilidade. O afectado terá dereito de acceso, e no seu caso de oposición, rectificación e cancelación nos termos previsto na “Ley Orgánica 3/2018 de Protección de Datos Personales y garantía de los derechos digitales” dirixíndose ao Centro nos límites previstos na lexislación vixente. Salvo indicación expresa, o participante autoriza ao uso e conservación de ditos datos por parte do Centro Galicia para usos promocionais, de publicación e difusión do presente certame.

 

Ponferrada a 10 de Maio de 2021

 

A Xunta de Goberno do Centro Galicia en Ponferrada


Podes descargar aquí as bases en pdf do certamen e a ficha de inscripción

Bases en pdf: https://drive.google.com/file/d/1-feZX7Hhb6xzgmBP_haa5BzCDQeMBDGf/view?usp=sharing

Ficha de Inscripcción: https://drive.google.com/file/d/1XNNT41bQid8kApHVlJUyUTBjOpmeR3rH/view?usp=sharing

Cartel en pdf: https://drive.google.com/file/d/1aQr8ONq9F3qmAvHOhMYquzqfvAp7_4Fa/view?usp=sharing