domingo, 11 de julio de 2021

Cartoons un espectáculo infantil el próximo domingo día 18 en La Fábrica de Luz. Museo de la Energía

Después de Caminos de Música seguimos con las actuaciones de Camiño da Cultura y lo hacemos con un espectáculo de treatro infantil que tendrá lugar el próximo domingo día 18 a las 20:00 en La Fábrica de Luz. Museo de la Energía con entrada gratuita. Una actuación dirigida a los más pequeños a la que ya te puedes apuntar.

Tendremos esta tarde a Víctor Mosqueira y a Josito Porto en una obra de Producciones Excéntricas.

Despois de Caminos de Música seguimos coas actuacións de #Camiñodacultura e seguimos con un espectáculo infantil de teatro que terá lugar o próximo domingo día 18 as 20:00 na La Fábrica de Luz. Museo de la Energía con entrada gratuita. Unha actuación dirixida aos mais pequenos na que xa podedes apuntarvos.

Teremos esta tarde a Josito Porto e a Víctor Mosqueira, nunha obra de Produccións Excéntricas.





CARTOÓNS (2019)
Dous tipos abandonados nas marxes.

Pode ser na marxe do mar, morando nunha pequena e coqueta illa. O que se chama vulgarmente náufragos, robinsons. Persoas que perderon pé e teñen que aprender a facelo todo de novo, dende a cunca na que beber até o smoking que necesitan para acudir a unha gala.

Poden estar na marxe do primeiro mundo, e seren seres que se ven obrigados a exiliarse da guerra da sua patria, para instalarse nas comfortables valados que lles poñemos na porta da UE ou dos USA. Perderon todo e teñen que inventalo todo de novo.

Ou, para non viaxar tanto, poden ser marxinais que viven na marxe da nosa sociedade e conveten en luxo o noso lixo.

Todo isto parece un drama, mais non é. Se o contase un circunspecto xornalista de investigación, sería sen dúvida, motivo para o pranto. Mais os que penetran e esculcan neses mundos son dous clowns. A ollada inocente dos pallasos fannos ver as cousas diferentes aos medios de comunicación, e cando o candor do clown se atopa coa inocencia da infancia (a primeira, a auténtica) entre as duas crean mundos que antes non existian. As crianzas ven o mundo como non o voltarán a velo e os adultos que os acompañen poderán descubrir algo novo tamén.

Os clowns, que teñen algo de dibuxo animado (cartoons) no seu modo paródico e eficaz de comportarse, viven rodeados de cartóns, nun mundo de carsón, esa materia valiosísima que, inexplicablemente, nos tiramos ao lixo diariamente.

O cartón serviralles para construir casas, tuberias do gas,cortinas das xanelas, revisteiro, rolo de papel hixiénico, bandeixas, edredons, motos, parasol de praia, catalonxe, skis, ponchos, avions ,emparrados... en definitiva, todo o que o común da xente vai adquirir a unha coñecida multinacional sueca.

As escenas descritas, estimulan no auditorio infantil o impulso lúdico,a capacidade mimética, a plasticidade imaxinativa e a criatividade orientada. Tamén é un veículo este espectáculo, de valores, como a colaboración, o traballo colectivo, a solidariedade, a consciencia ecolóxica, a empatía social e a autosuficiencia.

A arte poética de convertir o refugallo en bens de uso, tamén icide nas tres famosas "R"s do ecoloxismo: reducir, reutilizar, reciclar.

Josito Porto e Víctor Mosqueira, son os interpretes e creadores de "Cartóons". A experiencia nos distintos rexistros cómicos, a empatia e cumplicidade que conseguiron no espectáculo "Cranios privilexiados", e as suas variadas pericias artísticas fan de Josito e Víctor, os actores perfectos para levar a cabo, este espectáculo de tan singular factura. Os dous artistas non deixarán pasar a oportunidade de mostrar os seus talentos para o cantar e tocar instrumentos, e mostrar as suas habelencias na área da maxia.

Víctor Mosqueira, a cargo da dirección, ten a oportunidade de verquer todos os coñecementos adquiridos na área da clown, a comedia física e os sketches de farsa contemporánea. Estes coñecementos parten, para alén dun talento natural, da formación en Commedia dell Arte en Italia, traballos con Eric de Bont, a creación de lances cómicos para TV, as ultranoites da NASA, os espectáculos de Commedia con Ollomol, e fundamentalmente, o longo camiño de experimentación e éxitos do dúo Mofa&Befa.

O espectáculo CARTÓONS é unha creación en parceria de Víctor Mosqueira e Josito Porto, mas botarán man de algúns colaboradores, como Quico Cadaval, Kukas e Ana Triñanes. Forma parte da celebración do 15º Aniversario de Excéntricas (2004-2019), supón o primeiro espectáculo da compañía para público infantil.

Espectáculo finalista nos Premios de Teatro María Casares 2020 na categoría de Mellor Espectáculo Infantil



No hay comentarios:

Publicar un comentario