domingo, 4 de julio de 2021

Entrega de premios do IV Certame Literario en Galego Centro Galicia en Ponferrada - Camiño da Cultura

Este domingo día 4 de Xullo de 2021 tras a selección e despois de convocar aos finalistas, e reunirse o xurado desta nova edición do noso Certame Literario entregamos fallaronse os premios na nosa Sede Social.

Foi un acto moi pequeno no que asistiu unha representación da Directiva do Centro, os demais membros do xurado entre os que estaban Marta González Louzao (Profesora da Escola Oficial de Idiomas de Ponferrada) e Diego Bello Fernández (Responsable Cultural do Centro Galicia en Ponferrada), e os finalistas e os seus acompañantes. Como o resto de actividades nos últimos meses a situación sanitaria marcou esta pequena entrega de actos como o desenrolo do propio concurso. 

Todos os finalistas (tivemos a sorte de contar con representación en todas as categorías), contaron con un diploma acreditativo e uns libros de temática comarcal doados por o Instituto Leonés de Cultura de la Diputación de León que apoiou este ano o noso Certame mostrando a sua sensibilidade coas lenguas habladas na provincia de León entre as que se encontra o galego e o leonés. 

A decisión do xurado respecto aos premios foi unanime e concedeu os seguintes premios:

  • Mención Especial da Categoría Infantil (ata os doce anos) ao Colexio Valentín García Yebra polo traballo dedicado ao autor Fernández Morales.
  • Primer premio da Categoría Xuvenil (dende os trece ata os dezaoito anos) a Paula García Pérez polo traballo "O Camiño de Santiago".
  • Mención especial da Categoría adulta (a partir de 18 anos) a Javier Lago Mestre polo traballo "Corredoira compartillada".
  • Mención especial da Categoría adulta (a partir de 18 anos) a Mª Olga Aira Ferreiro polo traballo "A filla de Castropete".
  • Premio especial Galego do Bierzo a Dennis Álvarez Guerrero polo seu traballo "Etnobotánica e un peregrino tralo seu paso pola ribeira do Cúa" polo seu uso de vocabulario e xiros dialectais propios do galego falado de xeito tradicional na comarca do Bierzo.
  • Primer premio Categoría Adulta (a partir de 18 anos) a Alicia Iglesias Puente polo seu traballo "Os Camiños de Amanda" polo seu destacado nivel literario no que combina actualidade, o viaxe espiritual do Camiño de Santiago ca viaxe persoal da protagonista.
O vindeiro ano preparamos novidades para unha nova edición do certame e convidamos a todos a seguir as actividades do Centro.



No hay comentarios:

Publicar un comentario